Tuesday 17 de September de 2024

O Concello concede 2.313 bolsas de comedor, dentro das súas políticas de cobertura social


As familias xa poden consultar a listaxe provisional de nenos e nenas admitidas para o vindeiro curso

O Goberno de Inés Rey fixo público este martes, 6 de agosto, a listaxe provisional de persoas beneficiarias das bolsas de comedor para o vindeiro curso 2024/2025. En total, concedéronse 2.313 solicitudes do total de 4.946 recibidas. Esta listaxe de persoas admitidas é provisional e desde hoxe ábrese o período de presentación de alegacións. A listaxe e toda a información pode consultarse en www.coruna.gal/servizossociais.

O Goberno de Inés Rey busca promover con esta iniciativa políticas de cobertura social que garantan que toda a cidadanía poida gozar de servizos como o comedor escolar. A listaxe de persoas admitidas tamén pode consultarse nos taboleiros dos centros cívicos municipais.
Desde mañá iníciase un prazo de dez días hábiles no que que as persoas beneficiarias e interesadas poderán aducir alegacións e achegar documentos, que o órgano responsable terá en conta na proposta de resolución definitiva.

As alegacións poderán presentarse:
● De xeito presencial nas oficinas dos Rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum e a Franxa.
● De forma telemática ou electrónica: na sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gal/sede/gl
● Por calquera outro medio dos que permite o artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.